Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Galicia TIC 2014
15/10/14 (08:19)
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou onte o compromiso da Xunta, as Universidades, os centros tecnolóxicos e o Clúster TIC para situar a Galicia como rexión de referencia no ámbito tecnolóxico. Un compromiso que se reflicte, sinalou, na participación destes axentes no Programa Transformatic da Xunta. Esta iniciativa, que arrancou o pasado mes de abril, ten como obxectivo aliñar os esforzos públicos e privados para fomentar o emprendemento dixital, a transferencia da innovación ao mercado e o fortalecemento do sector tecnolóxico galego.
Robot
14/10/14 (12:02)
Esta semana terá lugar a conferencia RoboBusiness, en Boston, centrada en torno ao mundo robótica pero pechada ao público, só para profesionais deste sector en auxe polo menos en Estados Unidos, que está a seguir os pasos de Xapón neste sentido. Con motivo da feira, Wired publicou un artigo cunha variedade de robots que seguen a tendencia de seguir ao seu dono como un can fiel. Coa vantaxe engadida de que podes darlle ao botón de apagado se te fartas de ter unha segunda sombra.
Logo Precipita
14/10/14 (11:33)
Fecyt lanza a plataforma Precipita, especializada en ‘crowdfunding’ para investigación.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal