Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Desafío Making More Health
10/10/14 (11:37)
Tras tres anos de colaboración a nivel global, Ashoka e Boehringer Ingelheim presentan a terceira edición do concurso que busca identificar en España 10 proxectos sociais innovadores no ámbito da saúde, liderados por mozas de entre 16 e 24 anos que queiran cambiar o mundo. A convocatoria estará aberta até o 1 de decembro 2014.
Asistentes ó curso de ofimática
10/10/14 (10:17)
O centro de formación da Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo), entidade que forma parte de COGAMI, acolle dende o día 6 de outubro un curso de Ofimática que financia a Deputación de Pontevedra.
Proxecto europeo ICT-Go-Girls
10/10/14 (08:03)
O proxecto europeo ICT-Go-Girls, liderado pola Universidade de Santiago e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), vai presentar esta semana os seus resultados perante a comunidade internacional nunha cita en Amberes con conexións a todos os recantos do mundo. Trátase dunha iniciativa comandada en parte polo Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa do departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC, baixo a coordinación do CESGA, dirixida a fortalecer os recursos (coñecemento, servizos, valores, asesoramento) dos que dispoñen as mozas europeas para estar na primeira liña do sector TIC. A razón de ser deste proxecto europeo é equilibrar a balanza de xénero no sector das novas tecnoloxías, comezando polo eido educativo. Ou sexa, rematar coa fenda profesional entre sexos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal