Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Asistentes ó curso de ofimática

Doce persoas con discapacidade de Vigo inician curso de ofimática

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/10/14 (10:17)

O centro de formación da Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo), entidade que forma parte de COGAMI, acolle dende o día 6 de outubro un curso de Ofimática que financia a Deputación de Pontevedra.

Nesta acción formativa, de 240 horas de duración impartidas de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, vanse impartir os módulos de Windows, Word, Excell, Power Point, Internet e Mecanografía.

Un total de doce persoas con discapacidade inscritas na bolsa de emprego de COGAMI, 9 homes e 3 mulleres, iniciaron este curso que vai finalizar a mediados do mes de decembro.

Tema: Xeral
Fonte: Cogami
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal