Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Corazón 3D
09/10/14 (12:42)
Un grupo de cirurxiáns dun hospital de Nova York destacaron a relevancia que tivo a capacidade de imprimir un corazón en 3D para salvar a vida dun pequeno bebé de dúas semanas que necesitaba ser sometido a unha complicada operación cirúrxica. Este grupo de doutores imprimiu un corazón 3D a partir dos datos obtidos nunha imaxe de resonancia magnética do corazón do bebé. O devandito órgano estaba moi danado e esa reprodución do órgano en 3D permitiu aos doutores estudalo e desenvolver unha estratexia detallada antes de operar.
Esquema calcetín conectado
09/10/14 (12:19)
Kenneth Shinozuka é un mozo adolescente americano de quince anos que desenvolveu uns calcetíns con sensores que evitan que un enfermo de alzheimer abandone o fogar sen que os seus familiares se decaten.
M-Inclusion
09/10/14 (11:41)
'M-Inclusion' é unha iniciativa que ten como principal obxectivo o fomento do uso e desenvolvemento de solucións móbiles innovadoras para a integración social das persoas en risco de exclusión.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal