Varios hospitais da cidade alemá de Frankfurt queren utilizar drons para recibir sangue co fin de aforrar tempo en casos de urxencias. Dous drons abastecerán ao tres hospitais das Clínicas da Diaconía de Frankfurt con probas e conservas do banco de sangue.
Dende Vermis Project, estudio galego de deseño e desenvolvemento, quixeron amosar o seu compromiso coa formación, e para facilitar que a mocidade galega poida ter as mesmas posibilidades que en EE.UU., Xapón ou Reino Unido decidiron crear VermisLAB, un proxecto educativo que explora novas posibilidades no ámbito da formación, co obxectivo de potenciar a creatividade e estimular a curiosidade dos alumnos pola tecnoloxía, o deseño e a ciencia.
A Xunta conmemorou onte o Día Internacional da Muller Rural coa celebración dunha xornada destinada a pór en valor o emprendemento feminino no medio rural e detectar os principais obstáculos das mulleres á hora de iniciar unha aventura empresarial.