Varios hospitais da cidade alemá de Frankfurt queren utilizar drons para recibir sangue co fin de aforrar tempo en casos de urxencias. Dous drons abastecerán aos tres hospitais das Clínicas da Diaconía de Frankfurt con probas e conservas do banco de sangue.
"A vantaxe é que os avións non tripulados voan de forma autónoma grazas á navegación e os sensores sen importar o tempo que faga", dixo o xerente das Clínicas da Diaconía de Frankfurt, Dennis Göbel. Anualmente prodúcense entre 50 e 70 viaxes de urxencias entre o banco de sangue e as clínicas. As primeiras probas tiveron éxito pero as clínicas aínda non recibiron reacción das autoridades. "O encanto é que mandamos sustancias que salvan a vida e non libros", engadiu Göbel, citado po-la axéncia Efe.
O servizo postal alemán Deutsche Post DHL dixo recentemente que utilizará drons para facer chegar paquetes con medicamentos a clientes da illa de Juist (mar do Norte), en principio de modo experimental pero con intención de estender progresivamente esa fórmula a un uso máis xeral.
Deutsche Post DHL xa probara en decembro do ano pasado con éxito a entrega de paquetes cun dron co envío de medicamentos dunha farmacia en Bonn (oeste de Alemaña) á sede central da empresa. A empresa de vendas por Internet Amazon tamén dixo que quería utilizar os drons para o envío dos seus paquetes.
Rexístrate como: