Dende Vermis Project, estudio galego de deseño e desenvolvemento, quixeron amosar o seu compromiso coa formación, e para facilitar que a mocidade galega poida ter as mesmas posibilidades que en EE.UU., Xapón ou Reino Unido decidiron crear VermisLAB, un proxecto educativo que explora novas posibilidades no ámbito da formación, co obxectivo de potenciar a creatividade e estimular a curiosidade dos alumnos pola tecnoloxía, o deseño e a ciencia.
O proxecto está formado por un grupo de profesionais galegos, de diferentes ramas da enxeñaría, a física e a comunicación, que colaboran para ofrecer unha formación totalmente innovadora. A súa oferta formativa está dirixida a todos os públicos (estudantes, empresas e profesionais) sen límite de idade, e aborda temas como a impresión 3D, a electrónica, a robótica, a bio-construción, a ciencia ou a astronomía, que se desenvolveran en obradoiros e campamentos moi prácticos, nos que a aprendizaxe basearase en proxectos e no traballo en equipo, buscando a colaboración e potenciando o compañeirismo e as relacións entre pais e fillos.
Os fundadores de VermisLAB pretenden renovar constantemente a súa oferta formativa, buscando as últimas novidades a nivel mundial en tecnoloxías e metodoloxías aplicadas á educación e así satisfacer as inquedanzas dos seus alumnos.
Rexístrate como: