Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cego con bastón camiñando po-la rúa

Outbarriers aproveita o potencial dos iBeacons para axudar aos cegos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 24/10/14 (10:52)

Apple segue sen facer demasiado ruído cos seus iBeacons, un tipo de tecnoloxía que se mencionou só de pasada durante a presentación de iOS 8 en xuño de 2013 e que aos poucos vai gañando terreo non só entre usuarios desta plataforma, senón tamén da plataforma Android.

Agora a idea foi aproveitada por un grupo de desenvolvedores españois que lanzaron Outbarriers, unha aplicación que serve de axuda ás persoas cegas e que permite identificar obstáculos para que estas persoas poidan evitalos sen problemas durante os seus percorridos urbanos.

Como explican os seus desenvolvedores , Outbarriers combina unha aplicación para iOS ou Android coa utilización de iBeacons ou balizas. Estas emiten alertas vía Bluetooth LE en canto un dispositivo móbil coa aplicación é detectada, e dese modo os cegos poden contar cun apoio máis que lles permita poder chegar aos seus destinos sen ningún tipo de problema. En principio estas balizas son ideais para obstáculos urbanos temporais -obras, cortes de rúas por certos eventos-, pero a súa aplicación é loxicamente moito máis ampla.

Os creadores de Outbarriers foron galardoados co terceiro premio do recente concurso FiWare SmartSociety Challenge, e recibiron 20.000 euros por este logro. Agora queda por ver se a idea logra implantarse de forma práctica e toma forma como axuda para que os cegos teñan máis facilidades á hora de superar todo tipo de barreiras arquitectónicas.

Varios proxectos españois tamén resultaron galardoados, mentres que o primeiro posto foi para Cares -unha aplicación mexicana de control de datos na nube para institucións de saúde-, e o segundo foi para My People Care (dun grupo de desenvolvedores irlandeses), tamén orientada a esa xestión de informes médicos para logo poder ser consultados e compartidos a través de dispositivos Android.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal