Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Curso de TIC para profesores

100 profesores aprenden a usa-las TIC para apoia-la comunicación de nenos con discapacidade intelectual

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/10/14 (12:51)

Máis de 100 profesores da Comunidade de Madrid formáronse no uso de aplicacións móbiles e outras tecnoloxías, co obxectivo de apoiar a comunicación de nenos con discapacidade intelectual e con outras necesidades especiais nos centros de educación infantil e primaria.

A sesión tivo lugar na xornada "Cara á comunicación total nas aulas", organizada polo Departamento de Orientación e Diversidade Escolar do CRIF "As Acacias", co apoio da Fundación Vodafone España e a Fundación Garrigou. O encontro estivo dirixido a mestres de infantil e primaria e profesores de secundaria de centros públicos, concertados e privados.

Solucións tecnolóxicas presentadas

  • FISAAC: Formación de Interlocutores en Sistemas Alternativos ou Aumentativos de Comunicación
  • Fala Signada: proxecto para o desenvolvemento dun programa que facilite e promova a comunicación con persoas afectadas por discapacidades que interfiran a súa linguaxe nalgunha etapa da súa vida e requiran utilizar unha linguaxe especial baseado en signos. Todo iso aproveitando as actuais prestacións dos dispositivos móbiles (SmartPhones, Tablets,...).
  • PiktoPlus: trátase dun Sistema de Comunicación Aumentativa desenvolvido para as Tablets Android. Está dirixido a todas aquelas persoas con alteracións nos procesos de comunicación e/ou a aprendizaxe da linguaxe, tal e como pode resultar frecuente en Persoas con Autismo, ou ben Persoas con Parálise Cerebral.
  • Sígname: unha aplicación accesible e gratuíta desenvolvida pola Fundación Vodafone España co apoio da Fundación Garrigou. O obxectivo desta aplicación é ofrecer dunha maneira ubicua, rápida e sinxela os vídeos onde se presentan os distintos signos que se empregan para a comunicación cos nenos do Centro María Corredentora e outros colexios relacionados.
  • Picto Connection: aplicación baseada no uso de pictogramas dirixida a nenos e adultos con Trastorno do Espectro Autista co obxectivo de potenciar a comunicación directa con outras persoas alleas ao seu contexto habitual.
Tema: Xeral
Fonte: compromiso RSE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal