Santiago,
20/10/14 (13:39)
Outubro é o mes dedicado ao cancro de mama e onte celebrouse o Día Mundial desta enfermidade que pode evitarse ou reverterse se se realiza un diagnóstico precoz. Por iso, hoxe traemos cinco aplicacións móbiles que axudan a previ-lo cancro de mama ou a lograr unha detección temperá da patoloxía.
Para que con axuda do teu móbil poidas saber como reducir o risco desta enfermidade ou como realizar unha correcta exploración mamaria na casa para descartar ou detectar a presenza de cancro de mama, deixámosvos as seguintes aplicacións móbiles destinadas a tales fins:
- Breast Cancer Awareness SRIOR: é unha aplicación gratuíta para móbiles con Android, útil para quen desexe aprender a realizar un atuoexame de mama, así como para obter información acerca de como previr esta enfermidade. Tamén serve para quen xa padece cancro de mama e desexe coñecer máis sobre os seus síntomas, tratamentos e factores de risco. E o mellor, funciona offline tamén.
- Sensifemme: ademais de información de interese sobre o cancro de mama, esta aplicación móbil gratuíta mostra imaxes interactivas que axudan a lograr unha boa autoexploración mamaria, para fomentar a detección temperá da enfermidade. Está dispoñible para móbiles con iOS.
- Prevención Cancro de mama: trátase dunha aplicación gratuíta para móbiles BlackBerry que brinda consellos de prevención, calendario para autoexploración e indicativos para realizar este eficaz método de diagnóstico.
- Signos de Breast Cancer: dispoñible para Android de forma gratuíta, esta aplicación axuda a recoñece-los factores de risco desta enfermidade, focaliza a súa atención na importancia do diagnóstico precoz e como realizar un autoexame, aínda que tamén brinda información sobre os síntomas, as modalidades de tratamento e demais.
- Breast Cancer Diagnose Guide: dispoñible gratuitamente para móbiles con iOS, esta aplicación é ante todo, informativa, xa que brinda datos útiles, un glosario de termos así como investigacións sobre o cancro de mama, polo que non só é de axuda para previr, senón tamén, para quen padece a enfermidade e se atopan en tratamento.
Sexa cal for o sistema operativo do teu móbil, aquí tes opcións para que unha aplicación gratuíta che axudeche a previr ou detectar a tempo o cancro de mama que pode evitarse ou controlarse se se trata desde os seus inicios adecuadamente.
Tema: Xeral
Fonte:
Vitónica