Prosegur, referencia no sector da seguridade privada no mundo, presenta en España o primeiro servizo de teleasistencia móbil, capaz de pór en contacto en tempo real ao usuario cos servizos médicos. O novo sistema de axuda, denominado 'Prosegur Sempre Contigo', está dirixido a persoas maiores ou con necesidades de atención especial e aos seus familiares.
FEGAUS e a Fundación Vodafone España colaborarán na impartición de obradoiros formativos no uso dos Smartphones en Galicia. A aparición de estos dispositivos xerou un novo entorno de comunicación que as persoas maiores deben asimilar, para poder beneficiarse dos servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.
Hai fendas sociais e de xénero en todos os recantos, mesmo onde arraigan o espírito aberto e crítico e os novos xeitos de traballar e cooperar, sobre o papel lonxe dos estereotipos e dos prexuízos. Por exemplo na Wikipedia, onde segundo reflicten estudos recentes sobre a mesma, só o 13% do que se edita vén da man de mulleres.