O panel, moderado por Mª Satur Torre, Directora de Innovación de Fundación Vodafone España, puxo de manifesto a importancia dos desenvolvementos e as solucións TIC accesibles na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
Un proxecto coordinado polo Instituto de Biorobótica da Escola Sant'Anna de Pisa fará que diversos robots se encarguen do coidado dos anciáns da residencia de maiores de San Lorenzo, en Florencia. O asistente, que forma parte do proxecto chamado "Robot-Era", encárgase de tarefas como axudar a estas persoas a trasladarse dun lugar a outro ou a tratar de estimularlles cognitivamente con pequenos xogos.
A Deputación de Pontevedra, a través da súa Xunta de Goberno, vén de aprobar as bases do programa Conectadas 2016, reformulación dun programa anterior (Pensa en ti) e presentado como unha proposta máis acorde, en palabras do organismo provincial, “á sociedade do século XXI”.