Fundación ONCE presentou, no marco da XXXIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, as edicións en galego, catalán, eúscaro e en inglés do seis títulos infantís que compoñen a colección 'Biblioteca infantil' protagonizada por nenos e nenas con discapacidade.
Os usuarios da plataforma de emprego da Fundación ONCE (www.portalento.es) aprenderán como LinkedIn, Twitter ou Facebook son os seus maiores aliados á hora de buscar emprego ou cambiar a outro mellor.
Fundación ONCE e Ametic, a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais, asinaron un convenio co que ambas as entidades renovan o seu compromiso a favor da inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través da promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).