A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo de recente creación, dependente da Consellería de Sanidade, vén de poñer en funcionamento a súa páxina web, no enderezo http://acis.sergas.es e que tamén está dispoñible no enderezo http://acis.sergas.gal
Nos últimos meses, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aumentou o número de centros que poden dispoñer da aplicación abalarMobil, beneficiando así a un maior número de familias que poden seguir a actividade educativa dos seus fillos dende calquera lugar, dunha forma rápida e cómoda a través dos seus dispositivos móbiles.
Os responsábeis da iniciativa InLugo para o fomento da vida saudábel e o envellecemento activo a través das novas tecnoloxías veñen de facer reconto das accións levadas a cabo en 2015. Segundo fai saber a Deputación de Lugo, da que depende a dita iniciativa (a través da Fundación TIC), até un milleiro de persoas maiores achegáronse ás vantaxes e múltiples beneficios das ferramentas dixitais a través dos 94 cursos organizados ao abeiro de InLugo.