Os asistentes tiveron ocasión de achegarse ás ferramentas dixitais a través da música, crear unha tarxeta para felicitar estas festas e recibir consellos sobre alimentación saudable “dun xeito didáctico e lúdico”, informan fontes do centro xestionado pola Fundación TIC (Deputación de Lugo).
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de informar de que xa está dispoñible a publicación (en formato PDF) que recompila os relatorios das súas xornadas destinadas a amosar os múltiples vieiros laborais que abre a formación en novas tecnoloxías da información (as xornadas da campaña 1 mes, 1 profesión dixital).
A Fundación UPDEA e a Fundación Vodafone España colaborarán na impartición de obradoiros formativos no uso do 'Smartphone' en máis de vinte concellos da Comunidade de Madrid.