A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0 (a súa rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, con presenza polo de agora en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e Porriño), segue adiante co seu asesoramento aos autónomos e PEME da provincia en materia TIC, impulsando o emprego destas ferramentas “para innovar e para facer medrar a produtividade”.
O Hackatón, convocado polo Concello, a Amtega e a Asociación de Pais e Nais con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (AMIPA) reuniu o pasado mes de novembro na aula CeMIT local a unha vintena de programadores, deseñadores, e emprendedores que deseñaron unha ferramenta para facilitar ás persoas con discapacidade intelectual o uso dos computadores.
A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) puxo en marcha unha biblioteca virtual co obxectivo de facilitar o acceso a información actualizada relacionada coa xordeira a calquera persoa que estea interesada.