Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Biblioteca virtual de FIAPAS

FIAPAS pon en marcha unha biblioteca virtual para o acceso á información sobre la xordeira

  • O proxecto desenvolveuse no marco do Convenio de Colaboración firmado este ano entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e FIAPAS e conta con a cofinanciación da Fundación ONCE.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/12/15 (12:07)

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) puxo en marcha unha biblioteca virtual co obxectivo de facilitar o acceso a información actualizada relacionada coa xordeira a calquera persoa que estea interesada.

Neste espazo, dispoñible en 'bibliotecafiapas.es', poderanse atopar, entre outros, contidos orientados ao ámbito educativo e á formación en novidades tecnolóxicas, lexislativas, metodolóxicas e de intervención educativa e logopédica.

A súa versatilidade permite a descarga de contidos en 'PDF', o acceso a todos eles a través dun cómodo visor de lectura personalizable, así como a solicitude de materiais e publicacións. Por outra banda, a catalogación establecida facilita unha "accesible, sinxela e intuitiva" navegación a todos os usuarios e posibilita a localización efectiva de materiais e publicacións.

Por agora, conta con diversos documentos como unha guía con información básica para as familias, unha guía práctica sobre a aplicación de recursos de apoio á comunicación oral no ámbito educativo, material audiovisual de sensibilización ou contos elaborados por nenos, nenas e adolescentes xordos do movemento asociativo de familias-FIAPAS.

Periodicamente iranse incorporando novas publicacións e, progresivamente, outros materiais editados con anterioridade por FIAPAS.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal