A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella afirmou hoxe que é necesario aumentar a presenza e protagonismo das mulleres no sector das tecnoloxías, xa que o papel clave que ten a investigación e a innovación no esforzo por un crecemento intelixente, sostible e inclusivo implica facer un uso completo do capital humano, incluíndo mulleres e homes por igual.
No próximos cinco anos, o índice de titulados nas Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito científico tecnolóxico non será suficiente para cubrir a demanda de profesionais do sector TIC. Dos 10.000 alumnos titulados nas Universidades galegas en 2014, só 753 cursaron carreiras científico-tecnolóxicas, unha tendencia descendente que se mantén desde 2010. Uns datos que contrastan coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.
Claria Zoom é unha aplicación para dispositivos Android deseñada para mellorar o acceso á información visual a persoas con baixa visión. Trátase dunha ferramenta que pode ser moi útil para persoas que non desexan cambiar o seu móbil por outro máis actualizado para dispor de determinadas funcións de accesibilidade.