O espectador con discapacidade auditiva verá no seu dispositivo os subtítulos ou a imaxe dun intérprete de LSE sincronizada cos diálogos da película, dependendo da súa elección. Así mesmo, as persoas cegas poden escoitar a audiodescripción da película a través duns auriculares conectados ao seu smartphone ou tablet sen interferir co son da sala.
O Goberno galego e a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) veñen de anunciar unha nova liña de traballo conxunto destinada, nas súas propias palabras, a “garantir que a capacitación dixital chegue a todos galegos a través das actividades que organiza e promove a Rede de aulas CeMIT”.
Chega a Hora do Código (a celebración internacional que conmemora os beneficios de lanzarnos dende idades temperás a programar e a facer nós mesmos a Sociedade da Información) e a nosa terra está a pechar fileiras para festexala como se merece.