Son nenos e nenas nativos dixitais. Naceron e medran nunha sociedade onde a tecnoloxía forma parte fundamental da vida diaria. O teléfono móbil, as tabletas e os ordenadores son para eles e elas ferramentas de uso cotiá. Co obxectivo de amosarlle a este público a tecnoloxía máis actual que xa os rodea, a Escola Superior de Enxeñaría Informática ESEI do campus de Ourense abriu as súas portas a rapaces e rapazas de 6 a 17 anos, no marco da iniciativa a Hora do Código, para ofrecerlles xunto ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia nocións básicas de programación, impresión 3D e robótica.
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) creou dentro das súas estruturas de apoio á acción representativa un grupo de traballo sobre desenvolvemento rural inclusivo, a fin de situar ás persoas con discapacidade que residen no medio rural tanto na axenda política da discapacidade como na do desenvolvemento rural.
A Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, como nos debates do 2008 e 2011, porá a disposición de todos os medios de comunicación un sinal accesible do cara a cara entre Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. As persoas xordas ou con discapacidade auditiva poderán acceder en igualdade de condicións á devandita retransmisión a través dun servizo de subtitulado e interpretación en lingua de signos.