Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Vista dun pobo e unha cadeira de rodas

O CERMI crea un grupo de traballo de desenvolvemento rural inclusivo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/12/15 (09:22)

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) creou dentro das súas estruturas de apoio á acción representativa un grupo de traballo sobre desenvolvemento rural inclusivo, a fin de situar ás persoas con discapacidade que residen no medio rural tanto na axenda política da discapacidade como na do desenvolvemento rural.

Presidido por Juan Antonio Recio, de Plena Inclusión, e á súa vez responsable de Asprodes Salamanca, entidade territorial pioneira no ámbito do desenvolvemento rural inclusivo, o grupo de traballo posto en marcha polo CERMI exporá propostas para conectar as políticas públicas de desenvolvemento rural e discapacidade, de forma que se favorezan os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade e as súas familias que residen no medio rural.

Segundo estatísticas oficiais, son máis dun millón o número de persoas con discapacidade que habitan en España en ámbitos rurais, as cales soportan condicións de maior exclusión e de máis difícil acceso aos bens sociais básicos, polo que necesitan unha maior e máis intensa acción positiva por parte dos poderes públicos.

O recentemente creado grupo de traballo do CERMI confeccionará unha axenda política en materia de desenvolvemento rural inclusivo a escala estatal e autonómica a partir de propostas innovadoras que induzan cambio social na contorna rural para as persoas con discapacidade e as súas familias.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal