Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Neno usando un ordenador

O CPEIG e o CEIP Vistahermosa de Ourense únense este venres á Hora do Código

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/12/15 (13:59)

Chega a Hora do Código (a celebración internacional que conmemora os beneficios de lanzarnos dende idades temperás a programar e a facer nós mesmos a Sociedade da Información) e a nosa terra está a pechar fileiras para festexala como se merece. Se onte mesmo falabamos das actividades da ESEI de Ourense hoxe toca falar do que se vai facer dende o CEIP Vistahermosa, ámbalas dúas actividades impulsadas na Cidade das Burgas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Como lembraremos, o proxecto Hour of Code (Hora do Código) vén da man da entidade sen arela de lucro Code.org, que ten como obxectivo fomentar o ensino en programación entre nenas e nenos de todo o mundo. E todo a través de titoriais básicos dunha hora de duración. O CPEIG, que leva anos uníndose a esta iniciativa, recunca para incidir unha vez máis no vantaxoso que será para as novas xeracións (no seu futuro académico, laboral e persoal) ter coñecementos amplos de informática.

Estas actividades insírense nas celebracións da Semana da Docencia en Informática, do día 7 ao 14 do presente mes de decembro. Volvendo á cita do CEIP Vistahermosa, sinalar que se celebra este venres 11 e que vai acoller unha serie de obradoiros organizados polo CPEIG en colaboración co propio centro e o seu profesorado. O encargado de coordinar os obradoiros para os diferentes cursos de Infantil e Primaria será o vicepresidente do colexio, Juan Otero. As actividades desenvolveranse ao longo da mañá e estarán abertos á participación de nais e pais.

Como lembra o colexio, a Hora do Código é o evento de aprendizaxe máis grande do mundo no que máis de cen millóns de estudantes de 200 países celebrarán un mesmo evento. Code.org é un organismo público sen fins de lucro dedicado a ampliar a participación en informática. O seu obxectivo é que todos os estudantes teñan a oportunidade de aprender programación.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal