Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Claria Zoom

Claria Zoom, app que mellora o acceso aos móbiles a persoas con baixa visión

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/12/15 (12:29)

Claria Zoom é unha aplicación para dispositivos Android deseñada para mellorar o acceso á información visual a persoas con baixa visión. Trátase dunha ferramenta que pode ser moi útil para persoas que non desexan cambiar o seu móbil por outro máis actualizado para dispor de determinadas funcións de accesibilidade.

A ferramenta permite aumentar o tamaño do texto ou personalizar o contraste de cor. Tamén ofrece a posibilidade de activar unha síntese de voz sinxela e un sistema de recoñecemento de voz que permite ditar unha mensaxe ou un correo electrónico.

Ademais, incorpora un deseño accesible do teclado e agrega á cámara un magnificador electrónico e funcións de OCR.

A aplicación é de pago e está dispoñible para descarga desde o Google Play.

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal