FSC Inserta, a entidade de Fundación ONCE para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, acaba de lanzar 'Emprégate en redes sociais' unha sinxela e práctica serie de videotutoriais nos que se mostra ás persoas con discapacidade as claves para utilizar as redes sociais como ferramentas de busca de emprego.
Esta produción, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, conta co asesoramento de Juan Merodio, recoñecido conferenciante e consultor internacional en España, Latinoamérica e Canadá en Mercadotecnia, Web 2.0 e redes sociais, que é ademais quen presenta os videotutoriais. 'As Redes Sociais son as mellores ferramentas á hora de conectar a persoas con postos de traballo. Co fin de mostrar e ensinar aos usuarios a mellor maneira de usalas FSC Inserta puxo en marcha este videocurso', di Merodio.
Capítulo a capítulo e cunha frecuencia semanal daranse a coñecer as características de cada unha das redes máis populares (Twitter, Facebook e Linkedin), así como as claves para sacarlle o maior partido a estas novas ferramentas que son tamén punto de encontro de empresas e demandantes de emprego.
O primeiro capitulo do curso, composto por doce vídeos de tres minutos de duración e realizado polo Grupo Spcie Films, céntrase na evolución que sufriu nos últimos anos os métodos de procura de emprego e en como poder beneficiarse diso. Pódese visualizar desde hoxe nas seguintes ligazóns:
www.portalento.es(http://bit.ly/empleateenredessociales), www.solidaridaddigital.es e en https://www.youtube.com/watch'v=bwNpytVekYc
O segundo videotutorial aborda a diferenza entre marca persoal e marca profesional e como realizar unha estratexia de marca profesional online. O terceiro expón que é Linkedin e a súa importancia á hora de atopar un traballo. O cuarto é unha guía para o usuario na creación do seu propio perfil nesta rede mentres que o quinto mostra como localizar e unirse aos grupos de Linkedin máis interesantes na procura de emprego. No sexto audiovisual móstrase como detectar ofertas de emprego en Linkedin a través de Linkedin Jobs; o sétimo explica paso a paso como crear un blog gratuíto en Wordpress. En canto a Facebook é no oitavo capítulo no que se fala sobre a súa importancia e as súas listas para crear unha imaxe profesional adecuada e no noveno axúdase ao usuario a optimizar o seu perfil nela para poder buscar traballo. Os videotutoriais número once e doce están dedicados a Twiter. Neles pódese aprender a xerar unha conta e detectar ofertas de emprego nesta rede social. Por último, o duodécimo capítulo ensina a crear unha rutina de traballo á hora de buscar traballo en redes sociais.
FSC Inserta leva anos apostando polas novas tecnoloxías para mellorar as oportunidades de emprego das persoas con discapacidade. Proba diso é a posta en marcha de www.portalento.es, unha plataforma de emprego para facilitar ás persoas con discapacidade a procura de emprego e ás empresas os perfís requiridos.
Rexístrate como: