David Gil, co proxecto 'Amialcance', Rubén Lago e Ignacio Rei, co proxecto 'Mefacilyta', Mª Carmen Insua, con 'WebSil' e Francisco Vieites e Isabel Díaz con 'Tur4All' foron os encargados de explicar aos convidados o proxecto no que participan.
O panel, moderado por Mª Satur Torre, Directora de Innovación de Fundación Vodafone España, puxo de manifesto a importancia dos desenvolvementos e as solucións TIC accesibles na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
En concreto, 'AmiAlcance' é unha plataforma que inclúe unha serie de aplicacións gratuítas e de código aberto para que persoas con discapacidade motora e/ou cognitiva poidan usar, dunha maneira máis accesible e adecuada ás súas necesidades e preferencias, dispositivos Android (móbiles, tabletas ou AndroidPC) e as súas aplicacións.
'Mefacilyta' é unha solución que permite acceder desde a tablet ou un smartphone, dunha forma sinxela, a información multimedia personalizada (vídeos, fotos,...) xerados polos profesionais ou persoas de apoio.
'WebSil' é un portal de Intermediación Laboral, accesible a través de ordenador, que permite a realización de actividades de orientación laboral a persoas con discapacidade e asesoramento empresarial na contratación de persoas con discapacidade en Galicia.
Por último 'Tur4All', é unha aplicación accesible e gratuíta, que recolle as condicións de accesibilidade de máis de case 3000 establecementos turísticos de todo o territorio español, que está en continua actualización de novos espazos de lecer accesibles. Nela pódense atopar aloxamentos, bares, restaurantes, adegas, oficinas de turismo, monumentos, museos e centros culturais, praias, espazos lúdicos,rutas urbanas... A aplicación permite planificar a viaxe, accedendo á información por provincias, tipo de establecemento e criterios de accesibilidade.
Rexístrate como: