Sesame Enable é un smartphone dirixido a persoas con dificultades severas para a manipulación que foi deseñado para usarse sen necesidade de tocar a pantalla. O dispositivo, desenvolvido por unha empresa incipiente israelí, é en realidade un Nexus 5 que opera con Android, capaz de recoñecer comandos de voz e movementos de cabeza.
Investigadores da Universidade de Barcelona desenvolveron unha ferramenta que permite sonificar sinais cerebrais no marco dun proxecto que busca fomentar a transversalidade e multidisciplinariedade da investigación básica orientada aos pacientes e á sociedade, especialmente nun primeiro estadio.
Xa na recta final de agosto e para que os rapaces se vaia aclimantando ao vindeiro ano escolar, o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) ten proxectado organizar dous novos obradoiros de robótica para escolares (o primeiro organizouse no mes de xuño).