Durante una visita ao Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, onde ten a súa sede a empresa líder do proxecto eHeart (Conexiona Telecom), o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde resaltou que a iniciativa para pór freo ás enfermidades cardiovasculares desenvolvida no marco do programa Conecta PEME da Xunta (sumando 700.000 euros) facilita a detección precoz e en tempo real da fibrilación auricular, permitindo salvar vidas ao actuar rapidamente ante os primeiros signos de alarma.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá a primeiros de setembro o prazo de inscrición para a obtención da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). A convocatoria publicarase no DOG na primeira semana do vindeiro mes, con 180 prazas para este curso preparatorio, previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes de xaneiro.
O crecente desenvolvemento da administración sanitaria electrónica pode chegar a provocar unha discriminación indirecta contra un grupo cada vez maior da poboación, o das persoas maiores de 65 anos. Estes argumentos forman parte da comunicación coa que o investigador do grupo de Análise Xurídica-Económica Miguel Vieito Villar acaba de gañar o primeiro premio á mellor comunicación para investigadores novos no XXI Congreso da Asociación Mundial de Dereito Sanitario celebrado en Coimbra coa presenza de 200 expertos de todo o mundo.