As tecnoloxías e a dixitalización da información modificaron a vida das persoas con algunha discapacidade. "Para nós supuxo unha verdadeira revolución; a dixitalización deunos acceso a moita información que antes non estaba ao noso alcance, ampliou as nosas posibilidades de relación máis aló de amigos e familiares e disparou a nosa autonomía e seguridade, de modo que grazas ao móbil e aos lectores de pantalla agora facemos cousas que antes non podiamos ou para as que necesitabamos dun terceiro", asegura Guillermo Hermida, director do Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica da ONCE, afectado de cegueira.
A Consellería de Sanidade e Cruz Vermella de Galicia veñen de asinar un convenio marco de colaboración dirixido ao deseño e avaliación de programas de promoción do estilo de vida saudable e do envellecemento activo no ámbito da nosa Comunidade Autónoma.
A Universidade Rei Juan Carlos (URJC) e Fundación Konecta renovaron o acordo para o mantemento da Cátedra de Investigación para o Fomento do Emprendemento das Persoas con Discapacidade. Como parte deste convenio, desde a Cátedra actualmente estase elaborando un estudo dirixido a diagnosticar a situación actual dos emprendedores pertencentes a este colectivo en España.