Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Robot controlable coa mente
17/08/15 (08:31)
Usando un sistema de telepresencia desenvolvido na Escola Politécnica Federal de Lausana (Suíza), 19 persoas -incluíndo nove tetrapléxicos- foron capaces de controlar de forma remota un robot situado nun dos laboratorios universitarios. Trátase dun proxecto de investigación de varios anos que ten como obxectivo dar unha certa independencia a persoas paralizadas.
Persoas maiores usando as novas tecnoloxías
14/08/15 (12:15)
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, vén de realizar un estudo por medio do cal se diagnosticaron as necesidades en materia de novas tecnoloxías nos centros de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia que prestan servizos destinados, tanto a persoas maiores, como a persoas con discapacidade.
Centro penitenciario de A Lama
13/08/15 (12:32)
O Programa Voluntariado Dixital da Xunta, en colaboración coa Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide, MELISA, porán en marcha en setembro un proxecto piloto para dotar ao centro penitenciario de A Lama dun servidor onde poder instalar unha aula virtual para os reclusos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal