Fundación ONCE mantén durante 2015 o seu apoio a iniciativas de emprendedores con discapacidade e aprobou un total de 101 proxectos de autoemprego dentro do programa de axudas que a entidade concede cada ano nesta materia. A dotación inicial, incluída a achega realizada polo Fondo Social Europeo, ascendeu a un total de 801.650 euros.
Hai cinco anos botaba a andar un proxecto nado coa vontade de explorar as vantaxes da computación na nube (cloud computing) desenvolvidas na contorna das pequenas escolas rurais, na nosa terra os Centros Rurais Agrupados (CRA). O vindeiro 10 de outubro celebrarase a conferencia final en Santiago, onde se amosarán os resultados e experiencias dos participantes do proxecto, a iniciativa RuralSchoolCloud, liderada polo CESGA e abranguendo 7 institucións de 6 países.
A impresión 3D segue mostrando a súa versatilidade en todo tipo de ámbitos, e se xa viramos avances impresionantes como a produción de riles ou corazóns agora comezan a tomar forma as aplicacións destas máquinas na industria farmacéutica.
A FDA aprobou a produción en impresoras 3D dun medicamento para a epilepsia chamado Spritam.