Que teñen en común as persoas de Manila que ven como o Papa dá misa, os manifestantes de Rusia e Hong Kong e os asistentes de festivais en Estados Unidos? Todos se apoian en FireChat, unha app que crea salas de chat hiperlocais que funcionan mesmo cando as redes móbiles están caidas mediante a conexión de móbiles que gardan unha distancia entre si que entra dentro do rango de cobertura wifi.
Un grupo de importantes compañías de tecnoloxía de Estados Unidos uníronse a institucións educativas, como as universidades de Stanford e Carnegie Mellon, cun obxectivo común: achegar a tecnoloxía ás persoas con discapacidade ao facerlles o máis accesible posible os seus servizos.
Unha startup coreana está a desenvolver a idea, que basicamente se basea no braille, e o seu sistema de comunicación por puntos con relevo. En lugar de ter unha pantalla táctil - entendemos táctil por convencional - na superficie do que sería a parte principal do reloxo, temos unha matriz de puntos.