A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de Madrid denunciou que o 76% das páxinas webs para reservas de lecer e espectáculos e para planificar o tempo libre non teñen en conta a persoas con discapacidade.
ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade desenvolverá un proxecto tecnolóxico de I+D que facilitará o uso do transporte público por parte de persoas cegas ou con baixa visión. Promoveranse dúas probas piloto de solucións tecnolóxicas distintas para mellorar a orientación de persoas con discapacidade en estacións de metro e paradas de autobús, mediante aplicacións en dispositivos móbiles e balizas de radiofrecuencia.
O proxecto europeo Icarus, creado para mellorar os recursos á hora de afrontar rescates en situacións de catástrofe, contará, a partir de agora, con drons desenvolvidos por Eurecat, Centro Tecnolóxico de Cataluña, membro da rede TECNIO.