Este proxecto enmárcase, á súa vez, dentro do programa 'FabLabs Sociais' que a Fundación Orange puxo en marcha este ano a nivel internacional, buscando achegar os FabLabs e o concepto 'Do It Yourself' a mozos en risco de exclusión.
A iniciativa “Fálame de San Sadurniño”, desenvolvida na aula CeMIT desde municipio coruñés foi elixida entre un total de 12 propostas para representar a España no concurso internacional do proxecto europeo ACTing, cuxa final terá lugar en Xenebra (Suíza) os días 23 e 24 de setembro.
Un dos desafíos da Axenda Dixital de Galicia ADG2020 é o impulso das vocacións tecnolóxicas e dos novos perfís dixitais para satisfacer as necesidades do mercado tecnolóxico a medio e longo prazo. Para coñecer as causas da baixo porcentaxe de matriculados en estudos tecnolóxicos na Comunidade xorde a elaboración do “Estudo dos Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos e Matemáticos en Galicia” impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a consultora everis, unha das empresas asinantes do Pacto Tecnolóxico de Galicia.