Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Edificio do Sergas
18/08/15 (12:46)
Trátase dunha ferramenta tecnolóxica de personalización de servizos para o paciente, que fai que de forma ergonómica e dende calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) este poida acceder a servizos e contidos personalizados en función do seu perfil, tanto se é un paciente como se é un cidadán san que quere colaborar activamente na promoción da súa saúde e na prevención de enfermidades.
Logo de FSC Inserta
18/08/15 (08:17)
Os participantes foron mozos de entre 20 e 35 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, con estudos medios ou superiores e con nivel técnico de inglés. O obxectivo principal desta acción formativa foi facilitar o acceso ao mercado laboral, no ámbito das tecnoloxías da información.
Dúas mans torneando madeira
17/08/15 (13:36)
A empresa estati.co, mecenas dixital do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Amtega e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a colaborar co Concello de Xermade no desenvolvemento dun espazo web para a difusión do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia que terá lugar o vindeiro mes de setembro.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal