Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cátedra de Investigación para o Fomento do Emprendemento das Persoas con Discapa

Cátedra de Investigación para o Fomento do Emprendemento das Persoas con Discapacidade

  • A Universidade Rei Juan Carlos e a Fundación Konecta renovan o seu compromiso cos emprendedores con discapacidade
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/08/15 (11:45)

A Universidade Rei Juan Carlos (URJC) e Fundación Konecta renovaron o acordo para o mantemento da Cátedra de Investigación para o Fomento do Emprendemento das Persoas con Discapacidade. Como parte deste convenio, desde a Cátedra actualmente estase elaborando un estudo dirixido a diagnosticar a situación actual dos emprendedores pertencentes a este colectivo en España. O seu obxectivo non é outro que definir o seu perfil e identificar as necesidades asociadas, relacionadas principalmente coa formación, e as competencias requiridas para acometer este reto. Ademais das dúas institucións asinantes do convenio, o proxecto incorporou, como entidades colaboradoras, aos concellos de Madrid e Móstoles, a Fundación Universia, a Asociación Española de Emprendedores con Discapacidade 'Si Podemos', COCEMFE e CERMI.

Durante este primeiro ano puxéronse en marcha 13 micro empresas nas que están implicadas máis de 20 persoas con discapacidade; formáronse a máis de 284 emprendedores e leváronse a cabo numerosas accións de mentoring e tutorización personalizada que beneficiaron a máis de 100 persoas. Ademais, realizáronse diversos encontros empresariais entre compañías e novos emprendedores con discapacidade e xornadas formativas sobre emprendemento. E xunto coa Fundación Universia crearon a primeira convocatoria de axudas para emprendedores con discapacidade.

Entre os beneficiarios atópanse o madrileño José Manuel Delicado Alcolea e o murciano Jorge Cáceres Parella creadores de Tech Now, unha empresa dedicada á accesibilidade web, a domótica adaptada e a venda de aparellos electrónicos adaptados e sen adaptar. Ambos son informáticos e presentan unha discapacidade sensorial visual. 'Démonos conta que coa informática podiamos resolver moitos dos problemas que se nos expuñan no día a día' explicou Jorge Cáceres Parella en declaracións para este medio. A idea de crear Tech Now xurdiu hai un ano e medio, aínda que até marzo de 2015 non se puido materializar. 'Desde a Cátedra axudáronnos e ségueno facendo, sobre todo no ámbito empresarial que era o que descoñeciamos. As Cámaras de Comercio de Almería e de Móstoles tamén nos facilitaron moito as cousas cedéndonos un despacho, isto permítenos aforrar', afirma o emprendedor.

A empresa adapta equipos informáticos e tecnolóxicos a diferentes tipos de discapacidade, e personalízaos en función das necesidades de cada persoa; adaptan casas mediante a domótica e crean páxinas webs accesibles desde cero ou fan accesibles as que xa están funcionamento. 'Traballamos con varias marcas de teléfonos e computadores. Nós conseguímolos máis baratos e adaptámolos para empresas ou particulares. Facemos isto porque nos demos conta de que calquera equipo adaptado é moito máis caro e ter unha discapacidade non é un capricho'.

A empresa abarca varios campos que van desde a xordeira á síndrome de Down, pero non se só dedican ao mundo da accesibilidade, xa que tamén venden equipos sen adaptar. 'O tema da accesibilidade parécenos fundamental porque sabemos que hai unha serie de dificultades engadidas pero non nos queremos pechar só a iso, tamén vendemos a empresas e persoas sen ningunha discapacidade ou cunha discapacidade temporal'.

Entre as dificultades ás que eles se enfrontaron á hora de crear a empresa destacan as de tipo burocrático xa que nas entidades públicas a maioría de sistemas están sen adaptar. Consideran fundamental apostar pola educación e a mercadotecnia e aseguran que para crecer, están a acudir a centros de estudos, organizacións, asociacións e empresas a informar e formar sobre estes aspectos. 'É necesario que nos deamos a coñecer porque hai demanda e non hai máis empresas como esta'.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal