Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Sesame phone

Sesame, un móbil que pode controlarse con movementos de cabeza

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/08/15 (10:14)

Sesame Enable é un smartphone dirixido a persoas con dificultades severas para a manipulación que foi deseñado para usarse sen necesidade de tocar a pantalla. O dispositivo, desenvolvido por unha empresa incipiente israelí, é en realidade un Nexus 5 que opera con Android, capaz de recoñecer comandos de voz e movementos de cabeza.

O smartphone vén de fábrica co software Sesame preinstalado, polo que non é necesario que os usuarios realicen ningunha descarga. Con todo, debido a que o botón de aceso é físico, necesitarán axuda doutra persoa para poder activalo por primeira vez. En cambio, este paso non será necesario repetilo, a condición de que o teléfono teña batería.

Os usuarios poderán levar a cabo todo tipo de tarefas, mesmo xogar videoxogos. Para desbloquear e bloquear o dispositivo deberán pronunciar as mesmas palabras que usan os 40 ladróns no mil e unhas noites para abrir e pechar mágicamente a cova onde está escondido o tesouro: "Ábreche sésamo" e "Péchate sésamo".

Este sistema, polo momento, funciona unicamente en inglés e nun terminal Nexus 5. Os desenvolvedores están a traballar para facelo dispoñible noutros dispositivos. Para máis información visita o portal de Sesame Enable (información en inglés).

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal