Xa na recta final de agosto e para que os rapaces se vaia aclimantando ao vindeiro ano escolar, o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) ten proxectado organizar dous novos obradoiros de robótica para escolares (o primeiro organizouse no mes de xuño).
As dúas actividades, que se desenvolven entre o 24 de agosto e o 4 de setembro, xa teñen aberto o seu prazo de matrícula. Cada un dos obradoiros achega 20 prazas e foron postos en marcha pola Tecnópole “como resposta á extraordinaria demanda rexistrada tras a apertura da inscrición na terceira edición do campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole (T2W), que esgotou as prazas dispoñibles en moi pouco tempo”.
Polo tanto, estas novas citas van dirixidas a achegar unha nova oportunidade de formarse en conceptos de intelixencia artificial e tecnoloxías robóticas avanzadas a quen non puido inscribirse no T2W ou no primeiro obradoiro de xuño. As citas de setembro e agosto diríxense a estudantes de 9 a 13 anos de idade e en horario de 10 a 14 horas. O primeiro desenvólvense entre o 24 e o 28 de agosto e o segundo entre o 31 de agosto e o 4 de setembro.
“A través de experiencias didácticas divertidas”, informa a Tecnópole, “os participantes achéganse á tecnoloxía a través de nocións prácticas de construción e programación de robots”.
Para garantir a atención personalizada aos asistentes por parte dos formadores, os talleres teñen un aforamento máximo de 20 participantes. O custo é de 121 euros por alumno/a.
Rexístrate como: