A Galiciencia cumpre dez anos de vida e quere celebralo ao grande: con récord de visitantes (supéranse os 20.000 ao longo destes 10 anos) e proxectos (500 na vida total do evento) chegados de toda Galicia, Euskadi e Cataluña... e mesmo cunha torta de aniversario!
A iniciativa Code.org vén de facer público un acordo coa Disney para ofrecer un titorial de programación informática baseado en Star Wars, de xeito que nos exercicios que deberán resolver os participantes aparecerán personaxes clásicos como a Princesa Leia, C-3PO e R2-D2, así como Rey e BB-8 de El Despertar de la Fuerza, o que esperan que anime a máis público a introducirse nos rudimentos da programación.
Acabar coa fenda dixital entre as persoas maiores é un reto das novas tecnoloxías. Esta é unha das conclusións do debate sobre o envellecemento dentro do 6º Congreso Nacional de Centac que se celebrou en Bilbao. "Envellecer é un logro, non o convertamos nun problema e fagamos realidade por fin á fenda dixital nas persoas maiores", sinalou o subdirector xeral de Relacións Institucionais de SARQuavite, Agustín Lopesino.