Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Xeolocalizador Geo.band
05/11/15 (08:22)
O rescate dunha nena con autismo, que se escapou de casa e estivo a piques de afogarse, moveu ao enxeñeiro informático Iván Pérez a desenvolver, xunto ao seu equipo da empresa Geo.band, un xeolocalizador de última xeración, que se pode converter nun chaveiro, un colgante ou un reloxo.
Sala maker da Domus da Coruña
05/11/15 (08:02)
Facer tecnoloxía coas propias mans é o leitmotiv do espazo Maker@Domus que se vén de inaugurar na Coruña da man do alcalde da cidade Xulio Ferreiro e o concelleiro de Cultura, José Manuel Sande. Segundo apuntou o rexedor, con esta nova póla no tronco da Domus (inserida na rede de Museos Científicos da Coruña), a Domus foi quen de aliñarse cos museos científicos internacionais. Dende o emprazamento acabado de inaugurar fomentarase tamén o traballo cooperativo e de rede.
I Hacaktón solidario “Intro para todos”
04/11/15 (18:06)
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, visitaron hoxe o I Hackatón Solidario “Intro para todos” que busca mellorar a usabilidade e accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal