Coa meta de que os maiores se integren activamente na súa contorna a través do emprego do TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada TICSenior 2015. Un evento que celebrou en outubro a súa segunda edición co impulso da Universidade de Vigo e a colaboración da Xunta de Galicia e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga).
O desafío dos robots abrirá o 6º Congreso Nacional de Centac sobre Tecnoloxías da Accesibilidade, que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de novembro no Palacio Euskalduna de Bilbao e cuxo acceso é gratuito.
O Concello de Padrón (A Coruña) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha o I Hackatón solidario "Intro para todos", para impulsar a participación cidadá ao servizo da xeración de ideas innovadoras que consigan mellorar a accesibilidade e usabilidade dos computadores da súa Aula CeMIT, adaptándoos ás necesidades específicas de persoas con discapacidade intelectual.