O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai estar presente en LibreCon 2015, o gran evento de tempada (a nivel galego, estatal e internacional) en materia de programación aberta e negocios TIC (previsto para estes 29 e 30 de outubro, en Santiago na Cidade da Cultura).
O obxectivo do I Concurso de Innovación Social en Accesibilidade é "fomentar e apoiar aos innovadores sociais que xeran proxectos en materia de accesibilidade para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade". Trátase dunha convocatoria dirixida a estudantes universitarios e emprendedores en xeral, á que poden responder tanto individualmente como en equipo.
O equipo de accesibilidade de Facebook está a desenvolver un sistema baseado en intelixencia artificial que permitiría ás persoas cegas acceder ás fotografías que publican os usuarios do portal.