Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Tecnoloxía FIDO
19/10/15 (09:09)
O Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia (EE.UU.) desenvolveu un wearable que permite aos cans que asisten a persoas con necesidades especiais comunicarse cos seus responsables ou donos. Trátase dun chaleco denominado FIDO, equipado cun sensor que o can pode activar para enviar sinais a un dispositivo móbil.
Logo Librecon 2015
19/10/15 (08:38)
AGASOL, ASOLIF e Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición de LibreCon, conferencia de negocio e tecnoloxías abertas, os próximos días 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela, cuxa axenda se publicou esta semana. A Cidade da Cultura congregará durante dúas xornadas a responsables do mundo da empresa, a administración e a educación para coñecer tendencias e casos de éxito baseados en tecnoloxías abertas que están a facer máis competitivas e innovadoras a empresas e administracións públicas.
Cartel da xornada
19/10/15 (08:33)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o 22 de outubro a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”. O Edificio CINC da Cidade da Cultura acollerá relatorios sobre experiencias de implantación de Software Libre en diferentes entidades asociativas e sociais así como exemplos de uso de ferramentas de Software Libre no ámbito da cooperación e a inclusión social.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal