Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Mozos na rúa, unha usando Whatsapp
15/10/15 (08:25)
A Axencia Española de Protección de Datos e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte deron un paso cara adiante na súa protección coa firma dun convenio de colaboración para realizar proxectos e accións de carácter educativo na formación e sensibilización dos menores de idade en materia de privacidade e protección de datos, sobre todo no ámbito de Internet.
Deputación da Coruña
14/10/15 (10:25)
A Deputación de Coruña está a participar na nova edición, a número 13, da Semana Europea das Rexións e as Cidades Open Days 2015, que se celebra até o 15 de outubro en Bruxelas. Na cita, José Luís García, deputado responsable da Área de Promoción Económica da Deputación da Coruña (e alcalde de Brión), explicará os resultados do proxecto Parnet-TIC 2, unha iniciativa destinada a incentivar o emprego no eido rural a través das novas tecnoloxías.
Entorno para usar Optikey
14/10/15 (09:54)
Os enfermos de esclerose lateral amiotrófica (ELA) e outras enfermidades dexenerativas nas que ven afectadas as motoneuronas fan que a calidade de vida dos pacientes diminúa de forma drástica e lles impida comunicarse con facilidade. Aínda que hai dispositivos que permiten ofrecer un sistema de comunicación asistido -como o que usa o físico Stephen Hawking-, un desenvolvedor británico logrou idear un sistema de recoñecemento ocular chamado OptiKey extremadamente barato e con software Open Source que rivaliza cos caros sistemas comerciais dispoñibles para os afectados pola ELA.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal