Desafío STEM é un concurso interescolar que contribuirá á implantación dunha nova forma de aprender, ademais de fomentar a vocación nas competencias que promove a STEM como a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.
A guía sobre a práctica educativa, elaborada por un equipo de investigadores da Universidade de Valencia co apoio de Samsung e do INTEF, está baseada na aplicación do proxecto Samsung Smart School en 15 colexios públicos españois durante o curso 2014-2015.
A Fundación Telefónica incluíu dúas iniciativas galegas de innovación no ensino (os proxectos Barxilón no mar de Latón, do IES As Barxas de Moaña e Unha educación para o Século XXI, do CPI O Cruce de Cerceda), entre a ducia de finalistas do Premio Escolas para a Sociedade Dixital 2015, uns galardóns dirixidos a salientar e distinguir os esforzos a prol de comunidades educativas integradas co mundo dixital, “optimizando a través das TIC os procesos de ensino nas aulas”.