A asociación TADEGa, que centra a súa actividade na defensa da inclusión dixital, celebrará os días 11 e 12 de decembro, na sede de Afundación en Vigo, o seu congreso bianual, no que diversos relatorios e obradoiros veranse completados polo I Concurso de Ideas de creación 3D Faino ti.
A responsable da área tecnolóxica da Xunta afirmou que “dende a Administración pública somos conscientes de que a forma de abordar esta problemática é en colaboración con todos os axentes implicados, educadores, pais, nais, menores e profesionais do ámbito tecnolóxico”.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Fundación Vodafone, pon en marcha o proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles “intelixentes”.