Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do congreso

TADEGa celebrará o seu IV congreso bianual en Vigo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/10/15 (11:45)

A asociación TADEGa, que centra a súa actividade na defensa da inclusión dixital, celebrará os días 11 e 12 de decembro, na sede de Afundación en Vigo, o seu congreso bianual, no que diversos relatorios e obradoiros veranse completados polo I Concurso de Ideas de creación 3D Faino ti, no que os centros educativos que queiran participar poderán levar á aula proxectos educativos que impulsen a innovación e que precisarán para a súa implantación o uso da impresión 3D (para o que os interesados recibirán material de apoio para o profesorado).

O IV Congreso TADEGa leva por título Diversidade, Universo dixital e Inclusión, xa ten a súa inscrición aberta, e repartirá as súas actividades seguindo o programa que amosamos a continuación:

VENRES 11 DECEMBRO

16.30 a 17.00: Recollida de documentación.
17.00 a 17.30: Benvida e inauguración: Miguel Angel Valero Duboy, Director do CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos Sociais e Igualdade.
17.30 a 18.45: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica lexislativa e solucións.Participan Mª Cruz da Silva Rubio, Venancio Graña Martínez, Mª Luz López Díaz, Mª Esther Núñez Pintos e Ánxeles Rivela Machado
18.45 a 19.00: Descanso
19.00 a 21.00: Obradoiros I

SÁBADO 12 DECEMBRO

09.30 a 11.30: Obradoiros II.
11.30 a 12.00: Café na zona de Expositores
12.00 a 14.00: Obradoiros III.
14.00 a 16.00: Descanso.
16.00 a 17.30: Obradoiros IV.
17.30 a 18.00: Comunicacions libres e posters
18.00 a 19.30: Obradoiros V
19:30 a 20:00: Conclusións Finais
20:00 h: Actuación sorpresa.

 

OBRADOIROS DO IV CONGRESO

  • Tablets e dispositivos móviles. Organización por recunchos:
    • Técnico: Fernando Alvarez Ude Pardo.
    • Creación de contidos: Antonio Escudero Feijoo.
    • Escritura creativa: Susana Lamela.
    • Intelixencias múltiples: Iago José Corral López.
    • SAAC (Sistemas de Comunicación Aumentativa ou Alternativa): Jaime Vidal.
  • Estratexias na aula para o cambio educativo liderado polo profesorado. Raquel Pedrouso.
  • Gamificación no proceso da aprendizaxe. Raquel Pedrouso.
  • Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal. BJ Adaptaciones.
  • Presentación da app Comunicación Total. Asociacion DIVERTIC.
  • Monta o teu Robot de Aula por Xabier Rosas do equipo Escornabot.
  • Obradoiro do CEAPAT pendente de confirmación.
Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal