Fálase moito da Internet das Cousas (IoT) pero se cadra non se fala tanto do papel que representa (e representará) o software libre con esta nove orde (e nunca mellor dito) das cousas. Esta confluencia entre obxectos conectados e programación sen cancelas será un dos puntais temáticos de LibreCon 2015, congreso organizado por AGASOL, ASOLIF e Clúster TIC Galicia e punto de encontro ineludible (os días 29 e 30 de outubro en Santiago) para os seareiros, usuarios e desenvolvedores de ferramentas open source.
Contribuír a que as persoas con discapacidade intelectual sexan máis independentes, a que sedesenvolvan con maior seguridade no seu día a día, teñan máis posibilidades de desenvolver o seu traballo nunha contorna laboral normalizado e estean mellor comunicados cos seus familiares e titores, é o obxectivo da app gratuíta "Son Cappaz", que presentaron hoxe as Fundacións MAPFRE e Gmp.
A plataforma educativa TokApp School analizou os problemas máis comúns cos que se atopan colexios e centros educativos con estudantes e pais co obxectivo de mellorar a comunicación entre todos.