Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Logo 1 mes 1 profesión dixital.
13/10/15 (13:08)
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro xoves 15 a xornada Faite profesional dixital de tecnoloxías informáticas na arquitectura. O encontro insírese na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital e desenvolverase na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).
Cartel da xornada
13/10/15 (13:01)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o 15 de outubro a oitava xornada do Programa de Formación en Software Libre para o Terceiro Sector. O Centro Demostrador TIC acollerá este xoves o seminario “CiviCRM: captación de fondos e comunicación cos grupos de interese no terceiro sector” (https://cdtic.xunta.es/CiviCRm-3er-sector) que se desenvolverá en horario de 16.30 a 19.30 horas. Este ciclo formativo enmárcase nas actividades do Programa de Voluntariado Dixital da Amtega.
Logo Scratch Day
13/10/15 (12:51)
Arredor de trinta nenos de entre sete e quince anos, acompañados dun adulto, achegaronse o sábado dun xeito lúdico ao mundo da programación no “Scratch Day”, unha xornada organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal