Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo CeMIT

A Amtega pon en marcha unha iniciativa na rede CeMIT para impulsar o uso dos smartphones

  • Vinte e nove localidades de Galicia con aula CeMIT ofertan preto de 500 prazas para  introducir ás persoas maiores o manexo destes teléfonos “intelixentes”
  • Non é necesario dispor de terminal móbil para poder acceder a estes cursos
  • A actividade comeza o 5 de outubro nas localidades de Cuntis e A Bola e continuará ao longo dos seis vindeiros meses nas catro provincias galegas
  • Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina http://cemit.xunta.es
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/10/15 (08:27)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Fundación Vodafone, pon en marcha o  proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles “intelixentes”.

A actividade, que arranca este luns 5 de outubro, chegará a 29 aulas da Rede que ofertan preto de 500 prazas. Cada un dos centros CeMIT que participan nesta iniciativa disporá de diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese este colectivo.

As aulas implicadas disporán, tamén, dunha serie de vídeo pílulas formativas breves e moi prácticas, que servirán de material de apoio audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

As persoas interesadas na asistencia a estas iniciativas formativas poderán consultar as súas datas de realización e formalizar a súa inscrición na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.es) onde tamén poderán atopar os datos de contacto de cada unha das aulas para resolver ás dúbidas que poidan xurdir. *

As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos  para as persoas maiores son innumerables en aspectos relacionados coa súa seguridade (xeolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…), un acceso máis rápido a información (noticias e prensa on-line…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde),  en calquera lugar e a calquera hora.

 

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

 

Fundación Vodafone

A Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Participa en proxectos de innovación tecnolóxica nacionais e europeos, dirixidos a investigar novas aplicacións das comunicacións móbiles que faciliten a vida a persoas dependentes, maiores e enfermos crónicos. Promove diversos programas de formación con diversas Universidades españolas dirixidos á investigación e a excelencia docente nas novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Outros obxectivos da Fundación son a difusión das telecomunicacións na sociedade a través de publicacións, cursos e seminarios. www.fundacionvodafone.es

*Xúntase listado de localidades de datas das actividades

 

Do luns 05 ao mércores 14 de OUTUBRO

Bola, A

Ourense

Cuntis

Pontevedra

Do luns 19 ao mércores 28 de OUTUBRO

Ribadeo

Lugo

Carballedo

Lugo

Beariz

Ourense

Do luns 02 ao mércores 11 de NOVEMBRO

Valga

Pontevedra

Sarria

Lugo

Vicedo, O

Lugo

Do luns 16 ao mércores 25 de NOVEMBRO

Betanzos

Coruña, A

Moaña

Pontevedra

Guarda, A

Pontevedra

Do luns 30 NOVEMBRO ao mércores 09 de DECEMBRO

Ames

Coruña, A

Pontes, As

Coruña, A

Vigo

Pontevedra

Do luns 14 ao mércores 23 de DECEMBRO

Oroso

Coruña, A

Pontevedra

Pontevedra

Celanova

Ourense

Do luns 18 ao mércores 27 de XANEIRO

Fisterra

Coruña, A

Sta. Comba

Coruña, A

Ortigueira

Coruña, A

Do luns 1 ao mércores 10 de FEBREIRO

Boiro

Coruña, A

Cañiza, A

Pontevedra

Coruña, A (BBPP Garcés)

Coruña, A

Do luns 15 ao mércores 24 de FEBREIRO

Abegondo

Coruña, A

San Sadurniño

Coruña, A

Castro Caldelas

Ourense

Do luns 29 de FEBREIRO ao mércores 09 de MARZO

Barreiros

Lugo

Xunqueira de Ambía

Ourense

Porriño, O

Pontevedra

 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal