O Premio G5 Innova, cuxo prazo de inscricións está aberto até o vindeiro domingo, ten como obxectivo impulsar a innovación e apoiar o ecosistema de emprendedores sociais.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizaron na tarde do pasado 15 de outubro a xornada Faite profesional dixital de tecnoloxías informáticas na arquitectura. O encontro, ao que asistiron arredor de cincuenta persoas de maneira presencial, insírese na campaña de divulgación de novos perfís profesionais 1 mes, 1 profesión dixital e celebrouse no salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).
Mañá martes, 20 de outubro, o Edificio Municipal da Rúa Oporto –antigo Reitorado da Universidade de Vigo- acollerá a xornada Rapaciñ@s, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O horario do evento –que é gratuíto- vai de 19.30 H. a 21.30H.